
A deputada nacionalista di que o «clamor social» é para reclamar emprego, non para reducir deputados
19 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Chegou á política da mán de Anxo Quintana e acabou ocupando o posto que este tiña na Mesa do Parlamento, aínda que prescindido de coche oficial e de dietas. Carme Adán (San Sebastián, 1966) é deputada e responsable de comunicación na executiva do BNG.
-¿Por que se nega o BNG a falar dunha reforma electoral?
-Negámonos a discutir nos termos que propón o Partido Popular, que só quer recurtar deputados. Nós estamos dispostos a falar da reforma, e propuxemos unha circunscripción única ou para baixar do 5 ao 3 % o barreira para entrar no Parlamento. Pero o PP só busca o beneficio propio, non quer unha reforma, quer facer un pucheirazo electoral.
-Dí o Partido Popular que hai un clamor social para reducir deputados...
-Eu fun a bastantes manifestacións e o clamor social que palpei é o da xente pedindo emprego e protestando contra os recortes sociais. Non vin ao PP facéndose eco deste clamor.
-O PSdeG esixe acabar cos privilexios dos membros da Mesa do Parlamento, da que vostede forma parte. ¿É unha privilexiada?
-O BNG decidiu renunciar ao uso do coche oficial e estamos dispostos a falar de rebaixas de soldos e de todo o que supoña axustar gastos. Pero o que non estamos dispostos é a falar de reducir o Parlamento, porque eso é como dicir que sobra.
-¿Deixouse moitas plumas o Bloque coas escisións dos irmandiños ou de Máis Galiza?
-Nunca é agradable que uns compañeiros abandonen unha organización e renuncien a defender as súas ideas dentro, pero penso que o BNG non podía pararse, porque a nosa obriga é presentarnos como alternativa diante do PP. E coido que recuperamos a enerxía, vímolo claramente o 25 de xullo. A escisión foi un erro, o BNG xa é a casa común do nacionalismo.
«Non falaremos de reducir o Parlamento, porque é como dicir que sobra»
-¿Vostede pensa que é factible un regreso das persoas que marcharon?
-Non quero falar de futuribles. Pero o que está claro é que o BNG aglutinou a todo o nacionalismo nos últimos 30 años porque hai milleiros de personas que confían en nós, que saben que para nós o importante é Galicia e as persoas.
-¿Como convive o BNG coa bicefalia de ter un líder orgánico e un candidato diferente?
-Non creo que exista bicefalicia, en realidade trátase de asumir funcións diferentes, do mesmo xeito que eu teño asumida outra función na dirección e outros compañeiros, outras.
«Non creo que exista bicefalia no BNG, trátase de asumir funcións diferentes»
-¿Cal cre que foi a peor decisión tomada polo goberno de Feijoo neste tres años?
-Moitas, pero penso que o su gran fracaso é que Galicia perdera o seu sistema financeiro, porque iso vai debilitar a nosa posición como país, igual que vai a debilitarnos o intento do PP de reducir o autogoberno para recentralizar o poder no Estado.
-¿A alternativa do Bloque a Feijoo pasa forzosamente por una alianza cos socialistas galegos ou non?
-A alternativa de esquerdas en Galicia é o BNG, iso parece claro, e así nos imos a presentar ás eleccións. Algo diferente é como se conforma despois un Goberno, que normalmente se asenta sobre un acordo e un programa. Pero iso sería xa nun segundo momento, o que é evidente é que existe unha alternativa a Feijoo que é o BNG, e faltaría á verdade o Partido Popular se quer convencernos doutra cousa.